-
1.NON ÁS TOURADAS. Sigamos os pasos de Catalunya: MANIFESTACIÓN. Sábado 31 de Xullo ás 20 desde a praza da Peregrina. Pontevedra (pontevedraantitouradas.org)
A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra manifesta a súa profunda satisfacción polo éxito da Iniciativa Lexislativa Popular "Prou" -respalada por 180.000 sinaturas e aprobada hoxe no Parlament de Catalunya por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións- que desterrará as touradas deste territorio a partir de 2012.
-
2.O assasino de touros Enrique Guillén ataca umha sede de ERC [CAT] (www.cronica.cat)
O "torero" Enrique Guillén e uns amigotes causam destrozos numha sede de Esquerra num bárrio de Barcelona. Um militante ferido. [Català]
-
3.O Parlament aprova a Lei de Veguerías (www.publico.es)
O Parlament catalám aprova a Lei de Veguerías, um passo adiante mais para o projecto histórico de organizaçom territorial do catalanismo. Porém nom será operativa até a modificaçom dalgumhas leis orgánicas.
-
4.Galicia Bilingüe solicita ser declarada "de utilidade pública" (www.xornal.com)
A asociación Galicia Bilingüe vén de anunciar a súa intención de solicitar ser recoñecida como "entidade de utilidade pública", unha figura que, segundo explican no comunicado enviado á prensa, trae consigo, "ademais das súas obvias implicacións sociais, beneficios fiscais tanto para a entidade como para as persoas físicas ou xurídicas que realicen doazóns" ao colectivo.
-
5.A cinta ‘Crebinsky’ participará no festival coreano de cine de Pusan (www.xornal.com)
A película galega Crebinsky, dirixida por Enrique Otero, competirá na sección oficial do XV Festival Internacional de Cine de Pusan, un certame surcoreano considerado unha das citas máis importantes do mercado asiático.
-
6.A RAG contra do Decreto do plurilingüismo de Feijoo. (www.xornal.com)
A RAG interpón un recurso contencioso administrativo contra o decreto do galego, uníndose aos xa presentados polos sindicatos educativos e A Mesa pola Normalización Lingüística
-
7.Aznar recibe á gusanera internacional (insurgente.org)
O ex presidente do Goberno José María Aznar reunirase este mércores con quince dos 20 ex presos da Primavera Negra que foron liberados nas dúas últimas semanas pola revolución por mediación do Arcebispado da Habana e trasladáronse a España.
O encontro terá lugar ás 12:00 horas na Fundación para a Análise e os Estudos Sociais (FAES) que preside Aznar e no mesmo tamén estarán presentes outros ex presos que xa residen en España, como Raúl Rivero e Alejandro González Raga, así como as fundadoras das Damas de Branco, Branca Reyes e Bertha Bueno, informou FAES nun comunicado. -
8.Nº4 do Combater (voceiro nacional de isca!) (www.iscagz.org)
No Dia da Patria saiu de novo á rúa o voceiro nacional de isca!, “Combater”, desta volta con máis contidos e un formato mellorado. Nesta publicación analízanse diversos temas de actualidade e de interese para a mocidade revolucionaria galega: a necesidade de organizarmos unha resposta á ofensiva do capital, a situación do movemento estudantil, as conclusións tras a sentenza do estatut e a necesidade de avanzar na vía independentista, o mundial de fútbol e as súas consecuencias… entre outros diversos asuntos. Ademais, entrevístase a un membro do Local Social Aturuxo de Boiro, comezando unha serie de conversas con diferentes proxectos de autoorganización xuvenil por todo o país, que continuará en números posteriores. Por último, divúlganse algunhas das iniciativas, actividades e campañas recentes realizadas.
Le e difunde.
-
9.Policia española ameaza xornalista por falar en galego (www.elpais.com)
A policia de choque española ameaza a unha xornalista do medio estatal El Pais por utilizar correctamente o nome de "Pescadería Vella"
-
10.[VÍDEO] Discurso do vice-presidente de Cuba no 47 aniversário do asalto ao cuartel de Moncada (www.cubainformacion.tv)
Intervención íntegra do Primeiro Vicepresidente dos Consellos de Estado e de Goberno de Cuba durante os actos de celebración do 57 Aniversário do 26J.
-
11.Nº 279 do Fouce (Voceiro do SLG) (www.sindicatolabrego.com)
O último voceiro sindical Fouce tirado, pode xa descargarse á espera do vindeiro nº deste mes. Publicación nacionalista que chega a todo o agro do País xerando debate ideolóxico entre @s nos@s labreg@s.
-
12.Análise e investigaçom do Guardian sobre os milheiros de arquivos filtrados por Wikileaks sobre a ocupaçom do Afgenistám [ING] (www.guardian.co.uk)
No dia de ontem, domingo 25, a organizaçom Wikileaks punha a disposiçom dos diários The Guardian, Der Spiegel e New York Times mais de 90.000 arquivos e informes do ejército de ocupaçom do Afgentistám num dos maiores filtrados da história, que arestora inda está a provocar umha cadea de reacçons a nível internacional. Esta é a página do dossier do diario Guardian sobre este asunto, completa cum video-guia pra entender e manejar as ferramentas disponhíveis pra estudar o contido dos documentos. [INGLÊS]
-
13.Dossier: planos de austeridade , resistencia e posicións dos partidos comunistas país por país [FR] (solidarite-internationale-pcf.over-blog.net)
A web de análise política "Solidarité Internationale PCF" compilou as diferentes respostas que as organizacións comunistas están a dar á crise en estados como Grecia, Portugal , Estado español, Italia, Francia ou Romenia, entre outros.
-
14.
O sindicato grego PAME prosegue na convocatoria de folgas xerais, conseguindo de novo unha afluencia masiva na xornada do 24-X, e citando de novo aos traballadores/as gregos/as para o 29 de Xuño. Ligamos a crónica do KKE (Partido Comunista Grego) . Galería de Imaxes.
-
15.[ ITALIA , CGIL ] Éxito da folga xeral do 25-X, que leva ás rúas mais dun millón de manifestantes (www.cgil.it)
-
16.A luta de classes está de volta a Europa (revoltairmandinha.blogspot.com)
Artigo do Boaventura de Sousa Santos sobre a contrarreforma ultraliberal na Europa:
"Não é o socialismo; é a demonstração de que ou a UE cria as condições para o capital produtivo se desvincular relativamente do capital ou o futuro é o fascismo".
-
17.ADIANTE pola Folga Xeral (www.adiantegz.org)
ADIANTE adhire no vindeiro 1º de maio a manifestación convocada pola CUT, con saída na praza de Fernando O Católico ás 11:00 horas da mañá, baixo a lenda: Folga Xeral Xa!
-
18.Os bombeiros abren o portalón de Alfageme en Vigo para que o xerente saira da fábrica agochado nun furgón de antidisturbios (www.galizacig.com)
A entrada dos axentes antidisturbios na factoría viguesa de Alfageme e na faculdade de historia en Compostela non debería ser pasado por alto como anécdota puntual. O sistema colonial represivo ven de mostrar os dentes de maneira profiláctica; preventivamente; anunciando o que vai pasar na medida que as condicións de crise se agudicen e a resposta social das clases populares medre. Téñase en conta que sempre o fondo do problema é económico, no caso da conserveira o seu peche deixa centos de traballadores e traballadoras na rúa e no caso dos estudantes universitarios pola imposición das altísimas taxas dos postgraos do chamado Plan Boloña.
Nos setenta era palabra de orde nas manifestacións contra a ditadura aquilo de "Obreiros e estudantes unidos no mesmo combate". Agora debería ser igual, malia a diferencia de que enfrente se encontra un estado reforzado pola integración no capitalismo global e non un cruel, pero decadente sistema represivo franquista.
Movementos como os mencionados só anuncian os choques que se aveciñan e de momento son a pura advertencia do poder de cal vai ser a resposta, cebándose de momento en puntos estratéxicos da estrutura social que resiste os efectos dunha crise global do capitalismo xestionada polos mesmos que a provocaron. -
19.Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de "non á privatización" e na defensa da sanidade pública (www.galizacig.com)
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega
-
20.[ADIANTE] Vigo pola Folga Xeral Nacional VENCEREMOS NÓS! (www.adiantegz.org)
ADIANTE fai un chamado a participar ao coxunto da mocidade ao acto de reinvindicación-memoria do Día da Clase Obreira Galega en Vigo, o próximo mércores 10 de marzo ás 11:30 horas na rúa Eduardo Iglesias (encrucillada coa r/ Príncipe) ao carón da tenda de Adolfo Domínguez, convocada pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT).
Convidámovos tamén á participación nos actos lúdicos de difusión que programamos para o vindeiro sábado 13 de marzo, ás 22:00 horas, na Sala Farándula (Pr. de Portugal, Vigo), onde se celebrará o concerto de Ulträqäns e Ataque Escampe, ao custo de 3€ a entrada. Pódese atopar por anticipado na cidade no L.S. Faísca, no C.S. A Revolta e en Tendas Tipo. -
21.[ADIANTE] A mocidade comunista checa venceu! (www.adiantegz.org)
Desde ADIANTE congratulámonos de que, por fin, o pasado 27 de xaneiro á Unión da Mocidade Comunista Checa (KSM) se lle devolera á súa lexitima legalidade no seguemento dunha decisión do Tribunal Municipal de Praga que anula a decisión, e contradí os fundamentos, que levaran a que o 12 de outubro de 2006 o Governo checo declarase ilegal esta organización xuvenil ligada ao KSČM.
-
22.[ADIANTE] Asemblea Aberta en Vigo o 28 de Xaneiro (www.adiantegz.org)
ADIANTE convoca á mocidade a participar dunha asemblea aberta para se informaren sen compromiso sobre as actividades e propostas da organización xuvenil o Xoves 28 de Xaneiro ás 20:30 no Local da CUT de Vigo.
::Mais info:: http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_content&task=view&id=251&Itemid=28
-
23.Associacionismo lucense contra a ordenança de civismo (agal-gz.org)
Distintos colectivos e associaçons (Plataforma Alternativa, Radio Clavi, C.S. MadiaLeva!, Sinerxia, CIG, CNT, C.S. Vagalume,Parque Rosalia...) subscribimos o seguinte documento SOLICITANDO A RETIRADA DA PROPOSTA DA ORDENANZA CÍVICA, e individualmente (por colectivo ou associaçom) apresentaremos por registo de entrada ante o concelho. Pregamos a qualquer outro colectivo/associaçom de acordo coa solicitude de retirada, o comunique ao concelho (documentando-o por registo de entrada) podendo empregar o seguinte documento ou outro que considere.
-
24.Frutos do Brasil - Juventude em Debate (video.google.com)
Documentário dirigido pela Jornalista Neide Duarte e produzido pela Aracati - Agência de Mobilização Social conta a história de 8 experiências de mobilização juvenil. A proposta é que estes casos, contados através deste documentário, possa inspirar tantas outras iniciativas de jovens pelo país.
-
25.Atraco bancario (por Clodomiro Montero, sec. nacional da CIG-Banca) (www.galizacig.com)
2009, en contra do previsto, rematou sendo un ano redondo para bancos e caixas e un mal ano para todos e todas cun incremento do déficit público. Isto si qué un atraco bancario en toda regra.