-
1.A cinta ‘Crebinsky’ participará no festival coreano de cine de Pusan (www.xornal.com)
A película galega Crebinsky, dirixida por Enrique Otero, competirá na sección oficial do XV Festival Internacional de Cine de Pusan, un certame surcoreano considerado unha das citas máis importantes do mercado asiático.
-
2.[ADIANTE] Vigo pola Folga Xeral Nacional VENCEREMOS NÓS! (www.adiantegz.org)
ADIANTE fai un chamado a participar ao coxunto da mocidade ao acto de reinvindicación-memoria do Día da Clase Obreira Galega en Vigo, o próximo mércores 10 de marzo ás 11:30 horas na rúa Eduardo Iglesias (encrucillada coa r/ Príncipe) ao carón da tenda de Adolfo Domínguez, convocada pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT).
Convidámovos tamén á participación nos actos lúdicos de difusión que programamos para o vindeiro sábado 13 de marzo, ás 22:00 horas, na Sala Farándula (Pr. de Portugal, Vigo), onde se celebrará o concerto de Ulträqäns e Ataque Escampe, ao custo de 3€ a entrada. Pódese atopar por anticipado na cidade no L.S. Faísca, no C.S. A Revolta e en Tendas Tipo. -
3.[ADIANTE] Asemblea Aberta en Vigo o 28 de Xaneiro (www.adiantegz.org)
ADIANTE convoca á mocidade a participar dunha asemblea aberta para se informaren sen compromiso sobre as actividades e propostas da organización xuvenil o Xoves 28 de Xaneiro ás 20:30 no Local da CUT de Vigo.
::Mais info:: http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_content&task=view&id=251&Itemid=28
-
4.[ADIANTE] Xornadas: A Mocidade Galega en Defensa do Agro! (www.adiantegz.org)
Programa completo e cartaz das "Xornadas: A Mocidade Galega en Defensa do Agro!" organizadas por ADIANTE en Compostela entre os días 18 e 23 de Xaneiro.
-
5.Manifestación contra o desaloxo da Casa das Atochas (A Corunha) (www.casadasatochas.info)
Este sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades… Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xunt*s cara unha vida máis libre.
-
6.[ADIANTE] 5 anos cara adiante: acto político e festa (www.adiantegz.org)
Alá van 5 anos, ou 60 meses, ou 260 semanas, desde a constitución formal de ADIANTE. Durante estes cinco anos de actividade da nosa Organización estivemos, sobre todo, a afortalar unha estrutura estábel, nun constante proceso dialéctico, de cara a sentar as bases dunha Organización máis forte e dinámica no futuro.
-
7.Apresentaçom em Lugo do clube de leitura em português ‘Tuga Lugo Lendo’ (www.pglingua.org)
Amanhá, sexta-feira dia 4 de dezembro às 17h30, a Sala de Actos da Escola Oficial de Idiomas de Lugo acolherá a primeira sessom do clube de leitura em português “Tuga Lugo Lendo”, no que participarám os cabo-verdianos Silvino Lopes Évora (poeta) e Edson Alves (músico).
-
8.II Jornadas “Genes, Línguas e História da Galiza. Umha perspectiva interdisciplinar” (www.pglingua.org)
Começa hoje a segunda ediçom da reuniom interdisciplinar entre historiadores, lingüistas, antropólogos e geneticistas, para integrar conhecimentos da nossa história à luz dos avanços em cada um dos ámbitos e particularmente no da genética.
-
9.A Coruña acolle o I 'Festival do Día Internacional de Solidariedade con Palestina' (www.gznacion.com)
Este venres celébrase a primeira edición do Festival do Día Internacional de Solidariedade con Palestina. Fotografía, documentais, actuacións e divesos xeitos de achegarse á realidade dese pobo centran as actividades desta proposta.
-
10.Curso de Língua e Sociedade em Ames (www.pglingua.org)
A Escola Popular Galega continua com a programaçom deste primeiro semestre com um curso de sociolinguística que se desenvolverá no centro social A Fouce de Bertamiráns (Concelho de Ames) nos dias 27 e 28 de novembro. O curso é gratuito e será impartido por Eduardo S. Maragoto, Maurício Castro, Bernardo Máiz e Isabel Suárez Fernández.
-
11.
-
12.Concerto pola lingua en Vigo con Ataque Escampe (www.blogoteca.com)
Os Comités do Campus de Vigo organizan un Concerto pola lingua o vindeiro xoves 12 de novembro ás 18.30 horas no teatro universitario situado na área comercial do Campus Universitario de Vigo, onde tocarán os ATAQUE ESCAMPE.