-
1.O 30 de xaneiro terá lugar o I Encontro Nacional do MGS (mgs-galiza.org)
Baixo o lema “Da teoría para a práctica”, terá lugar en Teo o primeiro Encontro Nacional do Movemento Galego ao Socialismo. A semana próxima serán presentados públicamente no noso local nacional en Compostela os documentos para debate, que se centrarán en tres temas: a posta a punto do noso funcionamento organizativo, o análise da nova situación no BNG e de nosa actuación no seu seo e o noso papel en relación aos movementos sociais. En base a eles, as e os militantes do MGS aprobarán as resolucións que guiarán o noso traballo nos próximos meses, e escollerán a nova Coordenadora Nacional.
-
2.PP, UPyD e racismo (aconjuradosnescios.blogspot.com)
Os circunlóquios de PP e UPyD a respeito da imersão como imposição (ditatorial), a respeito da liberdade de eleição parental sobre o idioma do ensino e a respeito da rotura da unidade de Espanha respondem ao mesmo conceito de hierarquia espanhola. Diga-se, sem reparo, que significam literalmente o mesmo. E diga-se, também sem reparo e em todo o caso, que o racismo à espanhola é tão racismo como aquele outro biologista-culturalista que praticam pola Europa adiante Le Pen, Fini, Berlusconi, Kaczyński, Voigt ou Velkeniers.
-
3.A Xunta tima aos galegos e galegas financiando pseudo-deportistas españois polo Xacobeo (feijoomente.blogaliza.org)
Onte, David Meca adicouse a nadar polo Ulla arriba cos logos do Xacobeo tatuados no seu traxe de neopreno, e comendo "Plátano de Canarias". E por esa fazaña devengou unha cantidade descoñecida en concepto de patrocinio publicitario do Xacobeo. Canto cobrou Meca da Xunta pola súa fazaña?
-
4.A deriva inconstitucional do neocentralismo (Xabier Vence) (www.xornal.com)
Que ninguén se despiste, todo o asunto do decreto contra o galego non nace dos supostos excesos dun ben moderado e pouco cumprido decreto do galego do bipartito. Nin tan sequera é un asunto que nacera en Galicia. Nin tampouco é algo que teña como causa exclusiva a lingua. Ao meu ver trátase dunha involución política en toda regra, posta en marcha polo movemento neocentralista ben orquestrado nas frontes políticas, mediáticas e empresariais madrileñas.
-
5.Cataluña: a independencia xa comezou (mgs-galiza.org)
Máis de 160 concellos cataláns (con 700.000 habitantes en total) celebran o 13 de decembro referendos pola independencia. Ainda que sen validez legal, como se ocupan de repetir constantemente os poderes fácticos españois -cuxa reacción oscila entre a indignación e o ocultamento-, estas consultas poñen de manifesto algo xa innegábel: a vontade da sociedade catalá de poder decidir libremente e sen inxerencias o seu futuro, un futuro que cada vez para un maior número de cidadáns daquela nación pasa pola constitución dun Estado propio.
-
6.O "si" á independencia chimpa ao 50% en Cataluña (www.vieiros.com)
Como media en toda Cataluña o apoio á independencia chegaría nun referendo ao 50,3%. O voto en contra sumaría o 17,8%. A abstención sería dun 24,6%. O maior rexeitamento abrolla nas comarcas de Tarragona. Por outro lado, un 83% dos cidadáns consultados consideran que Cataluña ten dereito a decidir o seu futuro político a través de procedementos democráticos.
-
7.Charo Lopes: "A constituiçom espanhola nega o direito fundamental do nosso povo à autodeterminaçom" (www.gznacion.com)
Causa Galiza convoca unha serie de actividades para este domingo no que se conmemora a Constitución. GZnación falou cunha representante da portavocía deste colectivo, Charo Lopes Sanches, para ver cales son os motivos que levan a plataforma a tal fin.
-
8.Causa Galiza apela à solidariedade colectiva (causagaliza.org)
A dinámica de trabalho comarcal, popular e de base que desenvolve Causa Galiza para estender na sociedade a necessidade de exercermos o direito de autodeterminaçom volve encontrar-se à sua frente com o muro da repressom. Desde 2007, dezenas de sançons económicas impostas pola Delegación del Gobierno de España na Galiza administrativa, contínuas identificaçons policiais de activistas, registos de veículos de pessoas que colaboram para espalhar socialmente a proposta, presença policial intimidatória em actos previamente autorizados, etc.