-
1.A Nosa Terra bota o fecho à ediçom em papel, mas manterá a digital (www.pglingua.org)
No dia 2 de setembro sairá à rua o último número em papel do semanário A Nosa Terra, um dos cabeçalhos históricos do galeguismo, fundado em 1907. As dificuldades económicas e umha gestom criticada, determinantes para esta decisom.
-
2.Causa Galiza aposta por recuperar a tradiçom de luita em defesa do direito de autodeterminaçom (causagaliza.org)
Causa Galiza prepara um plano de trabalho para os vindeiros meses no que salienta a alternativa da autodeterminaçom como única soluçom para o desenvolvimento socio-económico da Galiza, fronte da insuficiência do marco constitucional espanhol. Esta campanha lança-se num momento no qual as forças parlamentárias estám a fazer pública a sua intençom de reabrir o debate sobre a reforma do Estatuto de Autonomia.
-
3.Breixo Lousada: "É fundamental mantermos a unidade do nacionalismo" (www.galizalivre.org)
Entrevista do Galizalivre ao responsável de comunicaçom do MGS Breixo Lousada.
-
4.Através Editora publica a primeira edición en portugués do 'Sempre en Galiza' de Castelao (www.galiciae.com)
C-P Através Editora ven de tirar do prelo a primeira versión en lingua portuguesa do clásico Sempre en Galiza de Castelao, unha iniciativa que vai alén dunha sinxela adaptación lingüística para aprofundar na relación entre a lingua galega e a portuguesa.Así, o responsable da revisión lingüística, o profesor Fernando Vasquez Corredoira, define a súa labor nesta publicación como unha ''adaptación'', pois considera unha ''contradición'' falar dunha tradución do galego ao portugués pois ambos ''forman parte dunha mesma lingua''...
-
5.[ ADIANTE ] No verán, a loita continúa! (www.adiantegz.org)
Como non podía ser doutro xeito, ADIANTE continúa a súa actividade axitativa durante o periodo estival.
-
6.O MGS celebrou o seu acto de homenaxe a Moncho Reboiras en Imo (mgs-galiza.org)
Este ano cumpríronse os 35 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras en Ferrol a mans da policía franquista. Un ano mais o Movemento Galego ao Socialismo non quixo deixar pasar esta data sen recordar a un militante que deu a súa vida polos que hoxe constitúen o eixo central dos obxectivos estratéxicos da nosa organización política.
-
7.Día da Galiza Mártir: a mellor homenaxe, a vitoria! (www.iscagz.org)
Isca! participou dos actos conmemorativos do Dia da Galiza Mártir, no que anualmente se lembra o asasinato de Alexandre Bóveda a mans do fascismo así como a todas e todos os mártires da loita pola xustiza social e liberdade da nosa nación. Como cada ano, tivo lugar un acto xa de mañá na Caeira, no Concello de Poio, onde Bóveda fora fusilado. Despois tivo lugar no Pazo da Cultura un xantar onde foron entregados premios a Francisco Fernández del Riego, Avelino Pousa Antelo, Xaime Illa Couto e Isaac Díaz Pardo en homenaxe á súa militancia xuvenil durante á república. Xa á tarde, a homenaxe no cemiterio precedeu á actividade central da xornada, ao pé do monumento ao dirixente galeguista asasinado, no que arredor de dous centos de persoas escoitaron o discurso do alcalde de Pontevedra e cantaron o hino nacional, nun acto no que se viron faixas de Isca!, Galiza Nova e o Centro Social Revira.
-
8.Estratégia de ocupação [Óscar de Lis] (aconjuradosnescios.blogspot.com)
No caso galego, apresentam-se os nacionalistas como radicais, irracionais, fechados em si e perigosos (com o fantasma do terrorismo por diante); mas a sua posição – nacionalista – é pretensamente incorporada pola sua via mais moderada: o regionalismo galeguista. Logicamente, isso habilita o grupo de ocupação para se apresentar como menos radical nas suas posições próprias e, ao tempo, para atrair os apoios sociais do grupo que antes ocupava um nacionalismo moderado e que agora é visto pola sociedade como indesejavelmente radical.
-
9.Actos do Día da Galiza Mártir (17 de Agosto, Pontevedra) (www.galizamartir.org)
• 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA - Luciano Sobral - Xosé Luís e Amalia Bóveda • 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO V PREMIO DIA DE GALIZA MÁRTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA AS MOCIDADES DO ESTATUTO DO 36 (Isaac Díaz Pardo, Fco. Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Avelino Pousa Antelo). • 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO // • 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA No Cemiterio de San Amaro ** - Camilo Nogueira Román - ** • 20:30 ACTO POLÍTICO ** Miguel A. Lores
-
10.Autocrítica do 25 de julho (aconjuradosnescios.blogspot.com)
Embora a correção geral dos discursos, há, porém, algumas questões para a crítica. Porque novamente se deu centralidade ao já conceito político do estatuto de nação, com a problemática de que esse conceito não se explica bem e, por isso, tende a significar que serve qualquer texto desde que incorpore o termo nação, como se a só aparição desse termo fosse solucionar os problemas do autogoverno. Não serve, pois, receitar estatuto de nação a um Feijóo incapaz.
-
11.Acampamento da Mocidade 2010, A Saínza, Rairíz de Veiga 20, 21 e 22 de agosto (acampamentodamocidade.blogspot.com)
Jovens e associaçons de todo o pais, juntamo-nos, de maneira auto-organizada para fazer-vos chegar esta proposta. Mocidade de Ginço e de Crunha, de Lugo e de Cangas e dumha duzia de lugares mais decatamo-nos de que a mocidade rebelde galega precisa um lugar de encontro nacional
-
12.Nº4 do Combater (voceiro nacional de isca!) (www.iscagz.org)
No Dia da Patria saiu de novo á rúa o voceiro nacional de isca!, “Combater”, desta volta con máis contidos e un formato mellorado. Nesta publicación analízanse diversos temas de actualidade e de interese para a mocidade revolucionaria galega: a necesidade de organizarmos unha resposta á ofensiva do capital, a situación do movemento estudantil, as conclusións tras a sentenza do estatut e a necesidade de avanzar na vía independentista, o mundial de fútbol e as súas consecuencias… entre outros diversos asuntos. Ademais, entrevístase a un membro do Local Social Aturuxo de Boiro, comezando unha serie de conversas con diferentes proxectos de autoorganización xuvenil por todo o país, que continuará en números posteriores. Por último, divúlganse algunhas das iniciativas, actividades e campañas recentes realizadas.
Le e difunde.
-
13.O 30 de xaneiro terá lugar o I Encontro Nacional do MGS (mgs-galiza.org)
Baixo o lema “Da teoría para a práctica”, terá lugar en Teo o primeiro Encontro Nacional do Movemento Galego ao Socialismo. A semana próxima serán presentados públicamente no noso local nacional en Compostela os documentos para debate, que se centrarán en tres temas: a posta a punto do noso funcionamento organizativo, o análise da nova situación no BNG e de nosa actuación no seu seo e o noso papel en relación aos movementos sociais. En base a eles, as e os militantes do MGS aprobarán as resolucións que guiarán o noso traballo nos próximos meses, e escollerán a nova Coordenadora Nacional.
-
14.PP, UPyD e racismo (aconjuradosnescios.blogspot.com)
Os circunlóquios de PP e UPyD a respeito da imersão como imposição (ditatorial), a respeito da liberdade de eleição parental sobre o idioma do ensino e a respeito da rotura da unidade de Espanha respondem ao mesmo conceito de hierarquia espanhola. Diga-se, sem reparo, que significam literalmente o mesmo. E diga-se, também sem reparo e em todo o caso, que o racismo à espanhola é tão racismo como aquele outro biologista-culturalista que praticam pola Europa adiante Le Pen, Fini, Berlusconi, Kaczyński, Voigt ou Velkeniers.
-
15.A deriva inconstitucional do neocentralismo (Xabier Vence) (www.xornal.com)
Que ninguén se despiste, todo o asunto do decreto contra o galego non nace dos supostos excesos dun ben moderado e pouco cumprido decreto do galego do bipartito. Nin tan sequera é un asunto que nacera en Galicia. Nin tampouco é algo que teña como causa exclusiva a lingua. Ao meu ver trátase dunha involución política en toda regra, posta en marcha polo movemento neocentralista ben orquestrado nas frontes políticas, mediáticas e empresariais madrileñas.
-
16.A Xunta tima aos galegos e galegas financiando pseudo-deportistas españois polo Xacobeo (feijoomente.blogaliza.org)
Onte, David Meca adicouse a nadar polo Ulla arriba cos logos do Xacobeo tatuados no seu traxe de neopreno, e comendo "Plátano de Canarias". E por esa fazaña devengou unha cantidade descoñecida en concepto de patrocinio publicitario do Xacobeo. Canto cobrou Meca da Xunta pola súa fazaña?
-
17.Cataluña: a independencia xa comezou (mgs-galiza.org)
Máis de 160 concellos cataláns (con 700.000 habitantes en total) celebran o 13 de decembro referendos pola independencia. Ainda que sen validez legal, como se ocupan de repetir constantemente os poderes fácticos españois -cuxa reacción oscila entre a indignación e o ocultamento-, estas consultas poñen de manifesto algo xa innegábel: a vontade da sociedade catalá de poder decidir libremente e sen inxerencias o seu futuro, un futuro que cada vez para un maior número de cidadáns daquela nación pasa pola constitución dun Estado propio.
-
18.O "si" á independencia chimpa ao 50% en Cataluña (www.vieiros.com)
Como media en toda Cataluña o apoio á independencia chegaría nun referendo ao 50,3%. O voto en contra sumaría o 17,8%. A abstención sería dun 24,6%. O maior rexeitamento abrolla nas comarcas de Tarragona. Por outro lado, un 83% dos cidadáns consultados consideran que Cataluña ten dereito a decidir o seu futuro político a través de procedementos democráticos.
-
19.Charo Lopes: "A constituiçom espanhola nega o direito fundamental do nosso povo à autodeterminaçom" (www.gznacion.com)
Causa Galiza convoca unha serie de actividades para este domingo no que se conmemora a Constitución. GZnación falou cunha representante da portavocía deste colectivo, Charo Lopes Sanches, para ver cales son os motivos que levan a plataforma a tal fin.
-
20.Causa Galiza apela à solidariedade colectiva (causagaliza.org)
A dinámica de trabalho comarcal, popular e de base que desenvolve Causa Galiza para estender na sociedade a necessidade de exercermos o direito de autodeterminaçom volve encontrar-se à sua frente com o muro da repressom. Desde 2007, dezenas de sançons económicas impostas pola Delegación del Gobierno de España na Galiza administrativa, contínuas identificaçons policiais de activistas, registos de veículos de pessoas que colaboram para espalhar socialmente a proposta, presença policial intimidatória em actos previamente autorizados, etc.