-
1.Botada pola porta, Bolkestein volta de novo pola ventá (www.altermundo.org)
directiva sobre os servizos, chamada "Bolkestein", do 2006 foi emendada escrupulosamente polo Parlamento Europeo ante a presión das mobilizacións que no seu día tiveron lugar en toda Europa, conseguindo entre outras cousas a desaparición no texto orixinal do principio do país de orixe. Este principio, lembrémolo, abriría a porta á posibilidade de remunerar a traballadores para unha prestación de servizos nun país coas condicións do país de orixe da súa empresa.Con ocasión da transposición da directiva en dereito nacional, agora mesmo en proceso, reaparecen disposicións destrutoras do dereito social e que ameazan os servizos públicos existentes.
-
2.O grupo BA Vidro recoñece que o peche da Vidreira do Atlántico non responde a causa económica algunha (www.galizacig.com)
A CIG, diante das últimas novas aparecidas nos medios de comunicación nos últimos dias sobre o conflito da Vidreira do Atlántico, emitiu un comunicado da prensa no que sinala que "aínda que, aos traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico, nos tería gustado ollar unha actitude activa dos Alcaldes da Limia en defensa dos postos de traballo, acompañada da presentación dunha protesta perante o Presidente do Grupo BA, polo tratamento discriminatorio e represaliante que se está a infrinxir á nosa comarca e a este País
-
3.Ocupan a sede da Autoridade Portuaria en Vigo mentres catro dos despedidos de Termavi se pechan na cabina dun guindastre de Guixar (www.galizacig.com)
O terceiro dia de folga en Termavi comezou coa nova de que catro dos traballadores despedidos comezaran unha folga de fame subidos a un dos guindastres de Termavi en Guixar, no porto de Vigo, a unha altura de corenta e cinco metros. Ademais desta acción, esta xornada ocupouse a sede da Autoridade Portuaria de Vigo, xunto á Praza da Estrela, onde entraron vinte e cinco persoas ás dez e media da mañá. A mediodia outros dous despedidos pechábanse na Sala da Xuntas da Autoridade Portuaria, atrancando a porta para evitar posíbeis desaloxos.
-
4.O SLG mobilizarase o mércores en defensa da pataca (www.anosaterra.org)
O Sindicato Labrego Galego (SLG) convocou mobilizacións para o vindeiro mércores en Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra contra a 'extorsión' e as 'marxes de usura' que denuncia que sofren os produtores do sector da pataca.
-
5.O V Congreso Comarcal da CIG de Vigo escolle Serafín Otero como novo secretario comarcal (www.galizacig.com)
O sábado 28 de novembro tivo lugar no Salón de Actos da Faculdade de Económicas desde as dez menos cuarto e até as catro da tarde o V Congreso Comarcal da CIG de Vigo. Neste congreso avaliouse o traballo realizado pola comarca de Vigo nos últimos catro anos a través do Informe da Executiva, que foi aprobado. Ademais escolléronse o novo secretario comarcal, a nova executiva comarcal e os 19 representantes da comarca de Vigo no Consello Confederal.
-
6.Éxito sen paliativos da folga do comercio de alimentación malia as ameazas dos empresarios (cigservizos.org)
Por volta do 95% do persoal do comercio de alimentación secundou as folgas convocadas o 27 de novembro nas provincias da Coruña e Pontevedra. O paro foi total en Compostela e na nave de distribución de Gadisa, en Piadela (Betanzos). Este grupo deu novas mostras da súa actitude represiva ao impedir o acceso ás tendas dos comités de empresa e folga para exercer o seu labor informativo.
-
7.CIG e ELA asinan un manifesto conxunto no que demandan un novo modelo económico e social (www.galizacig.com)
Delegacións dos sindicatos ELA (Euskal Herria) e CIG, encabezadas polos seus Secretarios Xerais, Adolfo Muñoz e Suso Seixo, mantiveron durante os días 10 e 11 de novembro varias xuntanzas de traballo en Bilbo. Nas mesmas analizaron a conxuntura política, social e económica que atravesan ambos os países. Alén diso, puxeron en común os plans de traballo que cada organización está a desenvolver, compartindo balances e experiencias.
-
8.Povisa terá que readmitir a Consuelo Martínez xa que a sentenza declara nulo o seu despedimento e un caso de represión sindical (www.galizacig.com)
O mércores 11 de novembro coñecemos a sentenza do xuizo polo despedimento da delegada da CIG en Povisa, Consuelo Martínez, que foi portavoz do Comité de folga na mobilización que tivo lugar en maio pola negociación do convenio colectivo, e que foi despedida en pleno periodo vacacional nun claro caso de represión sindical. A sentenza asi o recoñece polo que declara este despedimento nulo, e a empresa terá que readmitir á sindicalista da CIG.