-
1.NON ÁS TOURADAS. Sigamos os pasos de Catalunya: MANIFESTACIÓN. Sábado 31 de Xullo ás 20 desde a praza da Peregrina. Pontevedra (pontevedraantitouradas.org)
A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra manifesta a súa profunda satisfacción polo éxito da Iniciativa Lexislativa Popular "Prou" -respalada por 180.000 sinaturas e aprobada hoxe no Parlament de Catalunya por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións- que desterrará as touradas deste territorio a partir de 2012.
-
2.O assasino de touros Enrique Guillén ataca umha sede de ERC [CAT] (www.cronica.cat)
O "torero" Enrique Guillén e uns amigotes causam destrozos numha sede de Esquerra num bárrio de Barcelona. Um militante ferido. [Català]
-
3.Os bombeiros abren o portalón de Alfageme en Vigo para que o xerente saira da fábrica agochado nun furgón de antidisturbios (www.galizacig.com)
A entrada dos axentes antidisturbios na factoría viguesa de Alfageme e na faculdade de historia en Compostela non debería ser pasado por alto como anécdota puntual. O sistema colonial represivo ven de mostrar os dentes de maneira profiláctica; preventivamente; anunciando o que vai pasar na medida que as condicións de crise se agudicen e a resposta social das clases populares medre. Téñase en conta que sempre o fondo do problema é económico, no caso da conserveira o seu peche deixa centos de traballadores e traballadoras na rúa e no caso dos estudantes universitarios pola imposición das altísimas taxas dos postgraos do chamado Plan Boloña.
Nos setenta era palabra de orde nas manifestacións contra a ditadura aquilo de "Obreiros e estudantes unidos no mesmo combate". Agora debería ser igual, malia a diferencia de que enfrente se encontra un estado reforzado pola integración no capitalismo global e non un cruel, pero decadente sistema represivo franquista.
Movementos como os mencionados só anuncian os choques que se aveciñan e de momento son a pura advertencia do poder de cal vai ser a resposta, cebándose de momento en puntos estratéxicos da estrutura social que resiste os efectos dunha crise global do capitalismo xestionada polos mesmos que a provocaron. -
4.Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de "non á privatización" e na defensa da sanidade pública (www.galizacig.com)
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega
-
5.Atraco bancario (por Clodomiro Montero, sec. nacional da CIG-Banca) (www.galizacig.com)
2009, en contra do previsto, rematou sendo un ano redondo para bancos e caixas e un mal ano para todos e todas cun incremento do déficit público. Isto si qué un atraco bancario en toda regra.
-
6.[ADIANTE] LIBERDADE PARA ÓSCAR E XURXO!! (www.adiantegz.org)
Na madrugada do mércores 13 ao xoves 14 foron detidos na entrada da cidade de Pontevedra dous xoves vigueses de recoñecido compromiso: o veciño de Lavadores e militante independentista Xurxo e o veciño de Travesía e militante anarquista Óscar.
-
7.A Xunta destina catro millóns a privatizar centros de día (www.xornal.com)
O Consorcio de Igualdade e Benestar celebrou onte a xuntanza da súa directiva, na que se avanzou o orzamento que será aprobado na asem-blea xeral do próximo 5 de febreiro cos votos do PP e a oposición de PSOE e BNG. Ademais, o Consorcio non consultou as contas cos concellos, onde os gobernados polos ex socios do bipartito representan –aproximadamente– a uns 1,8 millóns de cidadáns, polos 700.000 do PP e independentes. No proxecto da Xunta para este exercicio contémplase de forma expresa un gasto de 3,8 millóns de euros para privatizacións de centros de día.
-
8.Abusos da productora do Xacobeo nos concertos da Quintana. (www.lavozdegalicia.es)
Diana Krall e o seu home, Elvis Costello, esixiron ao equipo de produción do Xacobeo revisar os móbiles do público que aborrotou a Quintana para comprobar se existian fotografías da cantante, e no seu caso, borralas. O malestar entre os espectadores foi evidente.