-
26.[ADIANTE] LIBERDADE PARA ÓSCAR E XURXO!! (www.adiantegz.org)
Na madrugada do mércores 13 ao xoves 14 foron detidos na entrada da cidade de Pontevedra dous xoves vigueses de recoñecido compromiso: o veciño de Lavadores e militante independentista Xurxo e o veciño de Travesía e militante anarquista Óscar.
-
27.Cangas debaterá sobre a prohibición das touradas (botica.blogaliza.org)
Hoxe a nova é moi positiva, como informa La Coz de Galicia e o medio taurino Burladero. Trátase da primeira moción contra as touradas presentada nun concello por parte dunha formación política, unha iniciativa auspiciada pola formación Alternativa Canguesa de Esquerdas, que levara a proposta de Galicia, Mellor Sen Touradas ao seguinte pleno do concello de Cangas con algunhas modificación segundo puiden coñecer...
-
28.O 30 de xaneiro terá lugar o I Encontro Nacional do MGS (mgs-galiza.org)
Baixo o lema “Da teoría para a práctica”, terá lugar en Teo o primeiro Encontro Nacional do Movemento Galego ao Socialismo. A semana próxima serán presentados públicamente no noso local nacional en Compostela os documentos para debate, que se centrarán en tres temas: a posta a punto do noso funcionamento organizativo, o análise da nova situación no BNG e de nosa actuación no seu seo e o noso papel en relación aos movementos sociais. En base a eles, as e os militantes do MGS aprobarán as resolucións que guiarán o noso traballo nos próximos meses, e escollerán a nova Coordenadora Nacional.
-
29.21 DE XANEIRO. FOLGA XERAL NO ENSINO.Manifestación ás 11.30 na Alameda de Santiago. (sites.google.com)
A plataforma Queremos Galego convocou as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na resposta social.
-
30.Manifesto a prol d"O Castro e Sargadelos (Beiras) (www.altermundo.org)
O complexo "O Castro-Sargadelos" é o resultado dun insólito proceso de creación colectiva inspirado, propulsado e catalizado por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. Encetouno Isaac xa hai máis de meio século. Hoxe constitúe un Patrimonio cultural da Galiza enteira.
-
31.PP, UPyD e racismo (aconjuradosnescios.blogspot.com)
Os circunlóquios de PP e UPyD a respeito da imersão como imposição (ditatorial), a respeito da liberdade de eleição parental sobre o idioma do ensino e a respeito da rotura da unidade de Espanha respondem ao mesmo conceito de hierarquia espanhola. Diga-se, sem reparo, que significam literalmente o mesmo. E diga-se, também sem reparo e em todo o caso, que o racismo à espanhola é tão racismo como aquele outro biologista-culturalista que praticam pola Europa adiante Le Pen, Fini, Berlusconi, Kaczyński, Voigt ou Velkeniers.
-
32.A deriva inconstitucional do neocentralismo (Xabier Vence) (www.xornal.com)
Que ninguén se despiste, todo o asunto do decreto contra o galego non nace dos supostos excesos dun ben moderado e pouco cumprido decreto do galego do bipartito. Nin tan sequera é un asunto que nacera en Galicia. Nin tampouco é algo que teña como causa exclusiva a lingua. Ao meu ver trátase dunha involución política en toda regra, posta en marcha polo movemento neocentralista ben orquestrado nas frontes políticas, mediáticas e empresariais madrileñas.
-
33.A Xunta destina catro millóns a privatizar centros de día (www.xornal.com)
O Consorcio de Igualdade e Benestar celebrou onte a xuntanza da súa directiva, na que se avanzou o orzamento que será aprobado na asem-blea xeral do próximo 5 de febreiro cos votos do PP e a oposición de PSOE e BNG. Ademais, o Consorcio non consultou as contas cos concellos, onde os gobernados polos ex socios do bipartito representan –aproximadamente– a uns 1,8 millóns de cidadáns, polos 700.000 do PP e independentes. No proxecto da Xunta para este exercicio contémplase de forma expresa un gasto de 3,8 millóns de euros para privatizacións de centros de día.
-
34.A universidade e a teoría da conspiración (www.temposdixital.com)
Hai anos xa que, por debaixo do mantel, as grandes multinacionais trazaron a folla de ruta da universidade que lles conviña. Boloña é só un primeiro chanzo. Naqueles folios trazábase a folla de ruta para a reforma do sistema educativo, particularmente o universitario. Falábase do negocio da educación e aos estudantes chamábaselles clientes. O obxectivo dese proceso resumíase na mercantilización absoluta do ensino, adaptándoo ás necesidades inmediatas das grandes empresas.
-
35.Afeganistán, un ano de matanzas (www.esculca.net)
Dados divulgados pelas Nações Unidas revelam que a guerra do Afeganistão provocou 2021 mortos civis nos primeiros dez meses de 2009, valor que supera os 1838 verificados em todo o ano de 2008. Este é mais um indicador que revela a incapacidade das tropas estrangeiras para porem fim a uma guerra que continua a aumentar de intensidade e alastrou abertamente ao vizinho Paquistão.
-
36.Volta aos métodos franquistas: desfeita ambiental na lagoa de Valdoviño en zona ZEPA, LIC, Ramsar... (www.adega.info)
ADEGA vén de denunciar o grave atentado ecolóxico perpetrado contra da lagoa da Frouxeira en Valdoviño consistente na apertura, sangrado e desecado desta coa autorización e dirección da Consellería do Medio Rural, que afectan gravemente ao humidal protexido e a especies ameazadas. Estas operacións, efectuadas en pleno LIC e ZEPA da Costa Ártabra, tiveron lugar entre novembro e decembro de 2009, sendo a última apertura a que provocou a destrución da barreira de area que conformaba a regulación natural do nível hídrico da lagoa. Trátase da mesma política que aplicou o franquismo dende os anos 50 para acabar cos humidais por "improdutivos e insalubres", como a lagoa de Antela.
-
37.Decálogos para prestigiar e popularizar a língua galega (www.pglingua.org)
À redacçom do Portal Galego da Língua chegou um PDF com vários decálogos da língua galega destinados a diversos colectivos como os Centros Sociais, cargos públicos do BNG, estudantado da organizaçom AGIR ou aos moços e moças galegas. Para além dos decálogos disponibilizados em texto, há um quinto documento oferecido audiovisualmente em que a professora Maria do Pilar Garcia Negro, entrevistada por Lois Diéguez para a secçom Cadernos activos da Fundaçom Bautista Álvarez, ministra 10 princípios básicos para os falantes da nossa língua. Oferecemos a seguir o vídeo em questom:
-
38.Estado Espanhol e o selvagismo contra familiares de pres@s vascos: registam e palpam criança de 21 meses (www.worldinconflict.es)
Numha nova volta de porca, o Estado Espanhol incumpre a sua própria legislaçom e impom cacheios e tocamentos a genitais de familares de pres@s polític@s basc@s com intençom de humilha-los. Chegou-se ao casso de "palpar" umha criança de 21 messes.
-
39.Botada pola porta, Bolkestein volta de novo pola ventá (www.altermundo.org)
directiva sobre os servizos, chamada "Bolkestein", do 2006 foi emendada escrupulosamente polo Parlamento Europeo ante a presión das mobilizacións que no seu día tiveron lugar en toda Europa, conseguindo entre outras cousas a desaparición no texto orixinal do principio do país de orixe. Este principio, lembrémolo, abriría a porta á posibilidade de remunerar a traballadores para unha prestación de servizos nun país coas condicións do país de orixe da súa empresa.Con ocasión da transposición da directiva en dereito nacional, agora mesmo en proceso, reaparecen disposicións destrutoras do dereito social e que ameazan os servizos públicos existentes.
-
40.A Xunta tima aos galegos e galegas financiando pseudo-deportistas españois polo Xacobeo (feijoomente.blogaliza.org)
Onte, David Meca adicouse a nadar polo Ulla arriba cos logos do Xacobeo tatuados no seu traxe de neopreno, e comendo "Plátano de Canarias". E por esa fazaña devengou unha cantidade descoñecida en concepto de patrocinio publicitario do Xacobeo. Canto cobrou Meca da Xunta pola súa fazaña?
-
41.O grupo BA Vidro recoñece que o peche da Vidreira do Atlántico non responde a causa económica algunha (www.galizacig.com)
A CIG, diante das últimas novas aparecidas nos medios de comunicación nos últimos dias sobre o conflito da Vidreira do Atlántico, emitiu un comunicado da prensa no que sinala que "aínda que, aos traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico, nos tería gustado ollar unha actitude activa dos Alcaldes da Limia en defensa dos postos de traballo, acompañada da presentación dunha protesta perante o Presidente do Grupo BA, polo tratamento discriminatorio e represaliante que se está a infrinxir á nosa comarca e a este País
-
42.[ADIANTE] Xornadas: A Mocidade Galega en Defensa do Agro! (www.adiantegz.org)
Programa completo e cartaz das "Xornadas: A Mocidade Galega en Defensa do Agro!" organizadas por ADIANTE en Compostela entre os días 18 e 23 de Xaneiro.
-
43.'Galiza, mellor sen touradas' promove mocións en 19 concellos (www.anosaterra.org)
A plataforma antitaurina 'Galiza, mellor sen touradas' promove mocións en 19 municipios galegos, entre eles as sete grandes cidades, para que se declaren en contra dos festexos taurinos, segundo informa nun comunicado.
-
44.A CIG rexeita o borrador do novo decreto porque supón unha involución na normalización lingüística e unha agresión ao galego (www.galizacig.com)
A CIG rexeita rotundamente a proposta de novo decreto presentado hoxe por Núñez Feijoo para derrogar o Decreto 124/2007. Este borrador é unha nova agresión ao noso idioma e un paso máis do Partido Popular para reducir os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos. Unha agresión que se efectiviza durante as festas do Nadal, en plenas vacacións escolares, agardando ao día 30, con nocturnidade e covardía, procurando que non haxa contestación social, o que pon en evidencia a mala conciencia deste goberno que sabe que está a atacar os dereitos das galegas e dos galegos.
-
45.GZN-Compostela organiza "Partido de fútbol a prol da selección feminina galega" (galiza.indymedia.org)
Galiza Nova-Compostela,e nomeadamente a súa Asemblea de Mulleres organiza un partido de fútbol entre as mulleres do BNG e as mozas de GZN da comarca para reivindicar a oficialidade da selección feminina de fútbol. Campo do CD.Conxo ás 16h, en Compostela.
-
46.Ocupan a sede da Autoridade Portuaria en Vigo mentres catro dos despedidos de Termavi se pechan na cabina dun guindastre de Guixar (www.galizacig.com)
O terceiro dia de folga en Termavi comezou coa nova de que catro dos traballadores despedidos comezaran unha folga de fame subidos a un dos guindastres de Termavi en Guixar, no porto de Vigo, a unha altura de corenta e cinco metros. Ademais desta acción, esta xornada ocupouse a sede da Autoridade Portuaria de Vigo, xunto á Praza da Estrela, onde entraron vinte e cinco persoas ás dez e media da mañá. A mediodia outros dous despedidos pechábanse na Sala da Xuntas da Autoridade Portuaria, atrancando a porta para evitar posíbeis desaloxos.
-
47.GZN-Compostela organiza "Roteiro do Castro Lupario" (galiza.indymedia.org)
Galiza Nova Compostela organiza, “Roteiro Castro Lupario: Protexendo o noso patrimonio, liberando a Patria!"
-Percorrido: 11-13km.
-Duración: 3-4 horas
-Saída: ás 12 dende a Carballeira do Santo Arandel.
-Data: Domingo 27 de decembro -
48.
Com motivo da celebração dos 50 anos d`A Esmorga, desde o nosso centro social, que leva o seu nome, queremos fazer uma homenagem ao romance, a Blanco Amor e ao S.XX ourensano. Para isso, vamos sair à rua, deixar por umas horas o local e festejar este aniversário com uma visita guiada pelo centro histórico da cidade cheio de sonhos, lembranças, literatura e música.
-
49.A TV galega não é galega (aconjuradosnescios.blogspot.com)
O curioso sobre os programas da televisão galega é que, mesmo que tecnicamente se expressam em galego, soam exatamente como os programas de Madrid ou de Castela: a entoação e a ênfase são indistinguíveis das que se ouvem nos telejornais castelhanos. A única cousa a mudar é a inserção de palavras galegas (v.g. 'o' no lugar de 'el') num discurso que é contudo perfeitamente inteligível para um público castelhano.
-
50.Chile: Triunfo do Pinochetismo (www.odiario.info)
O aumento da popularidade de Sebastián Piñera, o bilionário candidato da extrema-direita, é um reflexo da aliança reflecte o descrédito dos tradicionais da burguesia – socialistas e democratas-cristãos –, e a crise moral e de valores e uma consequência da caminhada da social-democracia para a direita no país de Allende.